{"product_id":"9788499950006","title":"Xeografía e Historia 1º ESO - 9788499950006","description":"\u003cdiv class=\"libro-descripcion\"\u003e\u003cp\u003eBaía Edicións pon no mercado o proxecto de libros de texto e materiais complementarios para a área de Ciencias Sociais na Educación Secundaria Obrigatoria, do que lles presentamos neste curso o referido a 1º curso da ESO.\n\t\n\tAs autoras, Ana Brea Pedreira e Ana Romero Masiá, preséntannos uns materiais moi traballados, tanto no seu contido como na aplicación práctica nas aulas, froito da súa longa experiencia no eido educativo. Destacamos o feito de que todos os materiais foron elaborados polo mesmo grupo de traballo, o que garante a súa unidade e coherencia.\n\t\n\tA metodoloxía didáctica combina a exposición e explicación causal dos feitos históricos e xeográficos coa aprendizaxe potencialmente significativa do alumnado. Favorece esta recepción a presenza abundante de documentación textual, gráfica e iconográfica, ademais de elementos como sinalizadores visuais, eixes cronolóxicos e organizadores gráficos presentados en forma de redes conceptuais que facilitan a interrelación dos contidos abordados na unidade temática.\n\t\n\tAs unidades combinan, de forma equilibrada, a exposición e explicación de contidos conceptuais coa información facilitada polos documentos textuais, as ilustracións, as gráficas, os mapas, de modo que a información facilitada por estas fontes confirma, clarifica, motiva ou amplía o discurso das autoras.\n\t\n\tO proxecto que nos ocupa, realizado integramente por autores galegos, incorpora plenamente os aspectos históricos, xeográficos e artísticos relacionados con Galicia no conxunto das unidades temáticas e non de forma illada, resaltando aqueles que merecen tratamento específico pola súa significación.\n\t\n\tO tratamento pedagóxico do uso da dobre páxina enténdese como unha unidade de contido, e incorpora as cuestións que deben responder as alumnas e alumnos e que facilitan o estudo e a comprensión dos temas propostos.\n\t\n\tAo final da unidade van tres apartados: Traballamos con..., Lectura complementaria e Lembra e aplica.\n\t\n\tOs libros de texto acompáñanse dun cd-rom do desenvolvemento curricular da materia, coa programación anual, na que se indica a correspondencia entre estas e as competencias básicas nas que máis se incide. Inclúense tamén as solucións ás probas de avaliación.\u003c\/p\u003e\u003c\/div\u003e\u003cdiv class=\"libro-ficha\"\u003e\u003ctable class=\"ficha-tecnica\"\u003e\n\u003ctr\u003e\n\u003cth\u003eEditorial\u003c\/th\u003e\n\u003ctd\u003eBaía Edicións A Coruña. S.L.\u003c\/td\u003e\n\u003c\/tr\u003e\n\u003ctr\u003e\n\u003cth\u003eISBN\u003c\/th\u003e\n\u003ctd\u003e9788499950006\u003c\/td\u003e\n\u003c\/tr\u003e\n\u003ctr\u003e\n\u003cth\u003eIdioma\u003c\/th\u003e\n\u003ctd\u003eGallego\u003c\/td\u003e\n\u003c\/tr\u003e\n\u003ctr\u003e\n\u003cth\u003eNúmero de páginas\u003c\/th\u003e\n\u003ctd\u003e256\u003c\/td\u003e\n\u003c\/tr\u003e\n\u003ctr\u003e\n\u003cth\u003eEncuadernación\u003c\/th\u003e\n\u003ctd\u003eTapa blanda\u003c\/td\u003e\n\u003c\/tr\u003e\n\u003ctr\u003e\n\u003cth\u003eAño de edición\u003c\/th\u003e\n\u003ctd\u003e2011\u003c\/td\u003e\n\u003c\/tr\u003e\n\u003ctr\u003e\n\u003cth\u003eColección\u003c\/th\u003e\n\u003ctd\u003eLibros de texto\u003c\/td\u003e\n\u003c\/tr\u003e\n\u003c\/table\u003e\u003c\/div\u003e","brand":"Baía Edicións A Coruña. S.L.","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":60012265177422,"sku":"9788499950006","price":42.77,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0412\/8810\/6135\/files\/irudia_df593a08-912c-46fd-a349-8eef0c6be08c.jpg?v=1782941859","url":"https:\/\/www.papeleriadelpaseo.com\/products\/9788499950006","provider":"Librería Papelería El Paseo","version":"1.0","type":"link"}