{"product_id":"9788499953618","title":"A historia da arte a través das súas obras - 9788499953618","description":"\u003cdiv class=\"libro-descripcion\"\u003e\u003cp\u003eO comentario dunha obra de arte require dunha técnica específica que se aprende coa práctica. Non abonda con expoñermos ordenadamente os coñecementos teóricos nin con identificar a imaxe comentada. Hai que confirmar e argumentar as razóns que explican a identificación, por medio da análise das formas. Este análise desvela o estilo da obra, que á súa vez corresponde a unha cultura, a un movemento artístico e a unha época histórica.\n\t\n\tPara poder realizar esta análise, temos que debullar as partes que son características do estilo, cinguíndonos esencialmente ao que vemos. Unha descrición polo miúdo levará á clasificación da imaxe, en canto percibamos notas definitorias.\n\t\n\tPor outra parte, debemos comentar os aspectos máis relevantes da época á que pertence a imaxe, ubicándoa no momento histórico correcto, relacionándoa cos diversos aspectos desa cultura e, por último, valorala subxectivamente.\n\t\n\tNeste comentario persoal debemos partir da base d que a obra de arte non ten, en canto á beleza e expresión, un carácter unívoco.\n\tObxectivos\n\t\n\tPropoñemos unha obra didáctica orientada á preparación da Historia de Arte no 2º de Bacharelato, cun programa moi extenso que percorre o feito artístico desde o nacemento do clasicismo até as expresións contemporáneas que será de grande axuda para que o alumnado poida adquirir, grazas ás orientacións prácticas desta obra, a capacidade de comentar obras de arte.\n\tXustificación e destinatarias\n\t\n\tO alumnado ten que adquirir nesta materia a capacidade de comentar máis de 100 obras e 91 termos dun vocabulario de conceptos artísticos, que son preparados habitualmente en cada centro polo profesorado correspondente. Existen numerosas propostas de libros de texto para a materia, mais non un manual dedicado á vertente práctica, e moito menos aínda adaptado ao contexto galego e relacionado co currículo actual.\u003c\/p\u003e\u003c\/div\u003e\u003cdiv class=\"libro-ficha\"\u003e\u003ctable class=\"ficha-tecnica\"\u003e\n\u003ctr\u003e\n\u003cth\u003eEditorial\u003c\/th\u003e\n\u003ctd\u003eBaía Edicións A Coruña. S.L.\u003c\/td\u003e\n\u003c\/tr\u003e\n\u003ctr\u003e\n\u003cth\u003eISBN\u003c\/th\u003e\n\u003ctd\u003e9788499953618\u003c\/td\u003e\n\u003c\/tr\u003e\n\u003ctr\u003e\n\u003cth\u003eIdioma\u003c\/th\u003e\n\u003ctd\u003eGallego\u003c\/td\u003e\n\u003c\/tr\u003e\n\u003ctr\u003e\n\u003cth\u003eNúmero de páginas\u003c\/th\u003e\n\u003ctd\u003e312\u003c\/td\u003e\n\u003c\/tr\u003e\n\u003ctr\u003e\n\u003cth\u003eEncuadernación\u003c\/th\u003e\n\u003ctd\u003eTapa blanda\u003c\/td\u003e\n\u003c\/tr\u003e\n\u003ctr\u003e\n\u003cth\u003eAño de edición\u003c\/th\u003e\n\u003ctd\u003e2021\u003c\/td\u003e\n\u003c\/tr\u003e\n\u003ctr\u003e\n\u003cth\u003eAlto\u003c\/th\u003e\n\u003ctd\u003e20.0 cm\u003c\/td\u003e\n\u003c\/tr\u003e\n\u003ctr\u003e\n\u003cth\u003eAncho\u003c\/th\u003e\n\u003ctd\u003e27.0 cm\u003c\/td\u003e\n\u003c\/tr\u003e\n\u003c\/table\u003e\u003c\/div\u003e","brand":"Baía Edicións A Coruña. S.L.","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":60012265603406,"sku":"9788499953618","price":38.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0412\/8810\/6135\/files\/irudia_412b7643-953a-4b18-a78e-15c8d400ca59.jpg?v=1782941875","url":"https:\/\/www.papeleriadelpaseo.com\/products\/9788499953618","provider":"Librería Papelería El Paseo","version":"1.0","type":"link"}