{"product_id":"9788499954004","title":"Lingua galega e literatura 1º Bach. LOMLOE - 9788499954004","description":"\u003cdiv class=\"libro-descripcion\"\u003e\u003cp\u003eSubvencionado pola Consellería de Cultura, Educación, Formación profesional e Universidades da Xunta de Galicia.\n\t\n\tEste material inclúe materiais debidamente revisados, postos ao día e adaptados ao novo currículo, cun formato de presentación en 16 unidades, cun Glosario e un Anexo gramatical finais. Estes materiais foron experimentados e mellorados ao longo de moitos cursos e son o froito dunha práctica docente constante e real, a pé de aula.\n\t\n\tAs unidades atenden desde un enfoque competencial, mediante recursos tanto teóricos como prácticos, os dez grandes obxectivos do nivel e os catro grandes bloques de contido que contempla o novo currículo: \"As linguas e os seus falantes\", \"Comunicación\", \"Educación literaria\" e \"Reflexión sobre a lingua\".\n\t\n\tA novidade fundamental que incorpora o manual de Lingua Galega e Literatura de 1º de Bacharelato con respecto a anteriores edicións constitúena os PROXECTOS.\n\t\n\tOs proxectos son un conxunto de 64 propostas, a razón de 4 por Unidade, que, facendo pé nunha base firme de contidos substanciais e rigorosos, atende tanto os procesos como os produtos e permite a abordaxe de aspectos como a igualdade de xénero, a diversidade sexual, a natureza, a lusofonía, a multiculturalidade, o coñecemento do medio xeográfico e social, a interacción interxeracional...\n\t\n\tCada un destes aspectos aparece identificado no libro pola correspondente icona, de maneira que sexa máis doado organizar a súa abordaxe e secuenciación opcional ao longo do curso.\n\t\n\tEste conxunto de proxectos que ofrecemos ten como obxectivo que o alumnado, individualmente ou de forma colectiva, consulte fontes de información variadas e interdisciplinares; realice traballos incorporando formatos multimodais mediados polas novas tecnoloxías e relacionados cos diferentes ámbitos de comunicación; realice exposicións e argumentacións orais con diferente grao de planificación sobre diversos temas de interese; aprenda a investigar de maneira autónoma con rigor e espírito crítico; e despregue, en derradeira instancia, a súa creatividade e autoestima.\n\t\n\tParticularmente, esta proposta persegue desenvolver as seguintes habilidades ou competencias:\n\t\n\t    - o traballo en equipo.\n\t    - as competencias dixitais.\n\t    - as competencias orais multimodais.\n\t    - a capacidade de producir textos escritos multimodais coherentes.\n\t    - o sentido crítico e a selección de información pertinente.\n\t    - a autoestima e a creatividade, convertendo o alumnado no protagonista do proceso de aprendizaxe.\n\t    - o traballo interdisciplinar (música, historia, xeografía, TIC, ciencias naturais...)\n\t\n\tAs propostas de PROXECTOS enunciadas no libro compleméntanse na Aula Virtual con indicacións, orientacións metodolóxicas, bibliografía e webgrafía.\u003c\/p\u003e\u003c\/div\u003e\u003cdiv class=\"libro-ficha\"\u003e\u003ctable class=\"ficha-tecnica\"\u003e\n\u003ctr\u003e\n\u003cth\u003eEditorial\u003c\/th\u003e\n\u003ctd\u003eBaía Edicións A Coruña. S.L.\u003c\/td\u003e\n\u003c\/tr\u003e\n\u003ctr\u003e\n\u003cth\u003eISBN\u003c\/th\u003e\n\u003ctd\u003e9788499954004\u003c\/td\u003e\n\u003c\/tr\u003e\n\u003ctr\u003e\n\u003cth\u003eIdioma\u003c\/th\u003e\n\u003ctd\u003eGallego\u003c\/td\u003e\n\u003c\/tr\u003e\n\u003ctr\u003e\n\u003cth\u003eNúmero de páginas\u003c\/th\u003e\n\u003ctd\u003e392\u003c\/td\u003e\n\u003c\/tr\u003e\n\u003ctr\u003e\n\u003cth\u003eEncuadernación\u003c\/th\u003e\n\u003ctd\u003eTapa blanda\u003c\/td\u003e\n\u003c\/tr\u003e\n\u003ctr\u003e\n\u003cth\u003eAño de edición\u003c\/th\u003e\n\u003ctd\u003e2022\u003c\/td\u003e\n\u003c\/tr\u003e\n\u003ctr\u003e\n\u003cth\u003eColección\u003c\/th\u003e\n\u003ctd\u003eLibro de texto\u003c\/td\u003e\n\u003c\/tr\u003e\n\u003ctr\u003e\n\u003cth\u003eAlto\u003c\/th\u003e\n\u003ctd\u003e20.0 cm\u003c\/td\u003e\n\u003c\/tr\u003e\n\u003ctr\u003e\n\u003cth\u003eAncho\u003c\/th\u003e\n\u003ctd\u003e27.0 cm\u003c\/td\u003e\n\u003c\/tr\u003e\n\u003c\/table\u003e\u003c\/div\u003e","brand":"Baía Edicións A Coruña. S.L.","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":60012265668942,"sku":"9788499954004","price":42.75,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0412\/8810\/6135\/files\/irudia_a3ce74b4-00e4-4b1c-b61d-cabd98ba3d4c.jpg?v=1782941880","url":"https:\/\/www.papeleriadelpaseo.com\/products\/9788499954004","provider":"Librería Papelería El Paseo","version":"1.0","type":"link"}