Historia do Mundo contemporáneo 1º Bach.: Proxectos significativos para a construción na longa duración - 9788499954011
Recíbelo entre el 19/08 y el 20/08 · Pedidos antes de las 12:00h

Baía Edicións presenta unha proposta para traballar a materia de Historia do mundo contemporáneo acorde coas indicacións LOMLOE, que se concreta en: Un caderno-libro de Proxectos significativos para a construción da Historia do Mundo Contemporáneo de longa duración, que irá acompañado de xeito indivisible doutro, Historia do Mundo Contemporáneo, de presentación da información seguindo o modelo clásico co que toda a comunidade educativa está familiarizada, que lle facilitará ao alumnado extraer datos que documenten a proposta do Proxecto. Esta nova proposta fundaméntase, nas súas liñas básica, na metodoloxía da aprendizaxe por proxectos, enfocándose nos conceptos centrais e principios fundamentais das disciplinas histórica, tentando aproximarse o máis posible á realidade histórica na que se move o alumnado e destacnado a importancia do seu traballo. Consta de 9 temas, recollendo en cada un deles unha das competencias específicas do currículo da HMC, consideradas así mesmo como vectores organizadores. Contaremos co libro para pizarra dixital neste curso, ademais de recursos variados nesta Aula Virtual e, destacamos pola súa utilidade, a incorporación dunha nova proposta de programación en función dos estándares de aprendizaxe. O libro agrupa a información en tres grandes bloques cronolóxicos: 1750-1914, 1914-45 e 1945-2008. En canto ao tratamento dos contidos, predomina o tratamento global e diacrónico no exame das grandes transformacións económicas e políticas do século XIX que conforman o mundo contemporáneo -revolución industrial, revolución política liberal, burguesía e proletariado, imperialismo- así como no estudo dos cambios e continuidades que afectan ao mundo actual -Guerra Fría, capitalismo e socialismo real, descolonización e Terceiro Mundo-; mentres que para o estudo das graves crises e conflitos do mundo de entregueras Gran Guerra, Revolución rusa, Crac do 29, Fascismos, Segunda Guerra Mundial- predomina un tratamento máis pormenorizado e temático. Os autores parten da idea de que o alumnado debe manexar e comentar un bo número de materiais documentais da época (textos, gráficas, estatísticas, mapas, fotografías, obras de arte...). Por iso en cada unha das unidades temáticas están recollidos numerosos documentos que forman parte da información, é dicir, non son meros complementos dun discurso de autor, senón que son eles os que realmente proporcionan a información histórica; o traballo dos autores céntrase na organización e recollida desa información redactando un fío condutor que facilita ao alumnado a correcta comprensión da documentación orixinal. Na selección desta documentación os autores incorporaron fundamentalmente fontes primarias accesíbeis e comprensíbeis para o nivel de ensino a que está destinado o manual. Os documentos escritos preséntanse convenientemente reducidos ás súas mensaxes básicas, destacando aqueles aspectos que máis interesaban para o tema a tratar. Na referencia bibliográfica dos textos consígnase sempre o autor, o título e a data da primeira redacción ou publicación sen especificar (por consideralo de escasa ou nula relevancia) a edición concreta que foi manexada. Ao comezo de cada unidade figuran enderezos da Internet e títulos de filmes que poden ser utilizados para completar a información do libro de texto. O manual achega tamén un anexo final de técnicas de traballo pensadas par facilitar ao alumnado o traballo cos materiais documentais de carácter textual, gráfico e audiovisual.
| Editorial | Baía Edicións A Coruña. S.L. |
|---|---|
| ISBN | 9788499954011 |
| Idioma | Gallego |
| Número de páginas | 64 |
| Encuadernación | Tapa blanda |
| Año de edición | 2022 |
| Colección | Libro de texto |
| Alto | 20.0 cm |
| Ancho | 27.0 cm |
¿Dudas? Escríbenos y te ayudamos
Stock, envíos, recomendaciones — como preguntar a tu dependiente de confianza, pero sin moverte de casa. Escríbenos a tupapeleriapaseo@gmail.com y te respondemos en menos de 24 horas laborables.
Atención, fans de Warhammer:
Compra en PREPEDIDO y consigue tus miniaturas con descuento. Funciona como pedir directamente a Games Workshop, pero a mejor precio. Haces el pedido, lo recibimos en 7-10 días y te lo enviamos.
Planifica tus compras y ahorra en cada caja.
¿Te interesa? Escríbenos a tupapeleriapaseo@gmail.com y lo gestionamos contigo.
¿Dudas sobre disponibilidad?
Trabajamos con almacenes conectados en tiempo real.
Plazos de envío
| Desde tienda | Sobre catálogo | |
|---|---|---|
| Warhammer / GW | 24‑48h | 7‑12 días |
| Libros y cómics | 24‑48h | — |
| Libros de texto | 24‑48h | 7‑10 días |
| Papelería y regalos | 24‑48h | — |
Envío gratis a partir de 80€. Si un producto no está disponible, te reembolsamos de inmediato.
Devoluciones — 14 días
Devuelve cualquier producto en su estado original dentro de los 14 días. Te enviamos etiqueta de devolución lista para imprimir.
- Producto dañado o incorrecto: lo cambiamos o reembolsamos sin coste alguno.
- Devolución por otros motivos: se descontarán los gastos de envío del reembolso.
¿Necesitas ayuda? Escríbenos al correo tupapeleriapaseo@gmail.com
PRODUCTOS VISTOS RECIENTEMENTE
PRODUCTOS RELACIONADOS